Bibliografia completa
DiTerLi. Base de datos do diccionario de termos literarios
Tipo de recurso
Autores/contribuidores
- Casas, Arturo (Colaborador)
- Equipo GLIFO (Autor)
- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Colaborador)
Título
DiTerLi. Base de datos do diccionario de termos literarios
Resumo
O Dicionario de termos literarios, do que saíron en formato libro tres volumes até o momento (A-D, 1998; E-H, 2003; I-M, 2020), articula un campo de coñecemento de tan longa tradición como o desenvolvido ao redor do feito literario nun senso amplo. Este proxecto, potenciado agora como base de datos, ten por definición un carácter dinámico, de xeito tal que se irán incorporando voces novas e actualizando a redacción das xa activadas cando sexa necesario.
Coa vocación de comprender os fenómenos literarios como elementos dunha complexa estrutura que se deita sobre a realidade cultural, o Dicionario inclúe voces de moi diversos ámbitos, desde as que proveñen da Poética e a Retórica clásicas até aquelas que están aínda consolidándose nos campos plurais dos programas de investigación máis recentes. Neste mesmo horizonte, contémplase a presenza dun canon intercultural que favoreza a atención a repertorios e marcos culturais emerxentes, así como a perspectivas de estudo anovadoras.
Unha das virtualidades do proxecto na súa versión actual é o gran rendemento das ligazóns ou hipervínculos. Neste sentido, fíxose un esforzo especial en procurar que as voces remitidas no corpo textual e as voces relacionadas que se ofrecen ao final de cada entrada guíen o lector por entramados terminolóxicos coherentes. Con isto trátase de fornecer non só dunha información illada e específica sobre un determinado termo ou expresión, senón tamén dunha constelación ou familia terminolóxica que permita contextualizar e contrastar de xeito conveniente os contidos de cada entrada.
Versão
Versión 2.7
Data
2019
Língua
gl
Extra
ISSN: 1988-7450
Notas
Última consulta, 29 septiembre 2023Número de la CDU: 821.134.4:004.65
Tipo de contenido: Texto (visual)
Tipo de medio: electrónico
Término de índice de género: Páginas Web
Término de índice de género: Bases de datos
Enlace: Acceso electrónico
Enlace: Dirección no válida, 29 septiembre 2023
Enlace: Dirección no válida, 29 mayo 2020
Citação
EQUIPO GLIFO, 2019. DiTerLi. Base de datos do diccionario de termos literarios [em linha]. 2019. Disponível em: http://bernal.cirp.gal/ords/dtl/r/diterli3/inicio
POEPOLIT
Ligação para este recurso